SEKADRA e LENI PÉREZ

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

15,16,17 e 18 de outubro

Adhara y Ritman

SeKadra e Leni Pérez ofrecen un proxecto de música tradicional galega cunha roupaxe moderna que permite tanto as influencias do jazz contemporáneo europeo como de outras culturas, como pode ser a portuguesa ou a brasileira.

Por enriba de todo, sempre coidando de manter a integridade da tradición sen comprometer a súa esencia, pero outorgando un novo sabor engadido, aportando o seu pequeno gran, que pode servir de ligazón para achegala a novos públicos e facer de ponte a novas posibilidades.

SeKadra e Leni Pérez é un espectáculo que pon en valor a cultura da nosa terra onde hai un verdadeiro compromiso coa historia, coa tradición e coa intención de promover a cultura galega.