Edición 2025
Contacta
634 388 952
info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal
16, 17, 18 e 19 de outubro
2025
Edición 2025
Este encontro de profesionais realizouse os días 15, 16, 17 e 18 de outubro, presentando diferentes actividades abertas ao público que englobaron cultura e música, así coma charlas, showcases, ponencias, concertos e outras actividades paralelas.
O principal logro deste SiSons foi dinamizar a vida cultural en Galicia, ademais de promover as actividades musicales e artísticas tanto dentro como fora da nosa comarca. Un paso mais no impulso da nosa identidade cultural.
Entre o conxunto de actuacións sumáronse unha grande diversidade de xéneros e propostas; voces de gran importancia no panorama galego e internacional como Bala, De Ninghures, SeKadra, Crúas, Aksak, Fiandola ou Leni Pérez, entre moitos outros.
Ademais, nas ponencias tivemos a sorte de escoitar voces clave no sector como a de Miguel Diéguez, director territorial da zona noroeste da SGAE, ou a de Alma Martínez Ortega (vicepresidenta de AEDEM); así como voces doutras latitudes que enriqueceron os debates sobre festivais internacionais, como a de Antonio Roberto Martínez Kinader (fundador de Endirecto) e Jorge Gómez Barranco, presidente do Comité do Premio Cubadisco.
Podes escoitar a todos os artistas na seguinte lista de reproducción de Youtube:
Edicións anteriores
En 2024, tivo lugar entre os días 16 e 19 de outubro de 2024
En 2023, tivo lugar os días 18, 19, 20 e 21 de outubro de 2023
En 2022, tivo lugar en Santiago de Compostela nos días 13, 14, 15 e 16 de Outubro.
En 2021 celebramos a a quinta edición do Sea Sons transformandose na primeira edición Sisons Enclave Musical.
En 2019 celebramos a cuarta edición do Sea Sons festival. Nesta edición contamos cunha feira de profesionais do sector. Para eso tivemos o privilexio de ter un espazo acolledor como é a Domus, nunha sala adaptada como é o seu auditorio,con conexión directa ao mar no que disfrutamos dunhas maravillosas vistas durante os networkings.
En 2018 celebramos a terceira edición do Sea Son Festival introducindo unha nova idea. Unha Feira de Profesionais do Sector Musical, un espazo creado para coñecer as diferentes propostas musicais de Galicia. Un encontro aberto e claro entre profesionais do sector e programadores dos diferentes concellos. A idea xorde da necesidade de crear unha rede de apoio no terceiro sector, buscar solucións. Establecer unha verdadeira rede de contactos para dar saída a unha gran parte de propostas musicais, apoiar sen dúbida o talento local.
