Sobre SISons

Un novo formato chega da man de SiSons Enclave Musical. Unha reunión de profesionais do sector cultural e musical aberta ao público, charlas, ponencias, showcases, concertos e actividades paralelas.
Organizado por Musicarte e a Asociación Cultural Tres por Cuatro en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, A Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e outros patrocinadores.
Neste encontro de profesionais contaremos con música en directo tanto para eles como para os asistentes. Creamos un novo formato que ten como obxectivo principal a dinamización da vida cultural e promover as actividades musicais e artísticas.
Mirando cara o futuro con esperanza e ilusión, vislumbramos a necesidade de relanzar o sector cultural a través de este Enclave Musical en Santiago de Compostela, xuntando a un elenco de profesionais e artistas, para dar os primeiros pasos nun proxecto de diálogo, creación de novas formas de difusión e impulso da música galega.