Acouga

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

15,16,17 e 18 de outubro

Acouga naceu no 2022 en Pazos de Borbén. Representan unha xeración que precisa berrar que a súa ilusión de mudar o mundo non acouga.

A banda boutou andar a comezos do 2022 coa publicación de dous temas: Novo Paradigma e Que foi?, aínda que xa levaban tocando xuntos dende o 2017. Nese mesmo ano publicaron Outono e no 2024, Escapar (en colaboración con Martín Loureiro, cantante de Machina). Ao longo da súa traxectoria teñen compartido escenario con Broa, Teima, Lóstregho, Machina, Mürt ou Superoito.

Presentan esta tempada su primeiro disco Ámbar, gravado en Cimática Estudos e que conta cun tema en colaboración con Grande Amore. O ámbar é un símbolo, a metáfora que representa a nostalxia, unha resina fósil que conserva obxectos e polo tanto recordos e memoria.