Xoán Curiel

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

13, 14, 15 e 16 de outubro

Xoán Curiel

Treides Comigo! é o sétimo disco de Xoán Curiel.

Trátase dunha inmersión na lírica medieval galego-portuguesa e nas cantigas medievais do período trobadoresco (1200-1354) que pon en valor as nosas raíces lingüísticas dende a creación musical contemporánea galega.

Partindo de instrumentos acústicos, Xoán elabora un discurso moi persoal no que utiliza ritmos e instrumentos medievais e doutras épocas, mais cun carácter pop, moderno e divulgativo.

Nesta ocasión, presentará o disco nun pequeno formato no que estará acompañado da arpista Bleuenn Le Friec.