Proxecto musical e show audiovisual enfocado a crear unha simbiose (entre natureza e humanidade) a través do baile; un ancestral costume en desuso, case esquecida, e que TERRAE quere recuperar. Dita conexión coa raíz é a esencia, e razón de ser filosófica, desta nova banda, sendo, ademais, a súa principal directriz.
TERRAE nace en 2020, baixo o confinamento polo Covid-19, e está formado por un produtor, un dj e unha artista visual. Todos eles contan cunha longa traxectoria en estilos de música de baile e na denominada World Music. En TERRAE conflúen e funden todos os seus coñecementos e esforzos para ofrecer un show único na que se coidan todos os detalles de visuais, iluminación e tecnoloxía a través da música electrónica.
Nos seus concertos mesturasen en directo música de raíz (africana, oriental, hindú, latinoamericana, galega, etc.) con música electrónica de baile, dunha maneira orgánica, global e sofisticada. Ofrecendo nunha mesma canción diferentes ritmos e sonoridades do mundo, todo iso sincronizado a tempo real con visuais e iluminación. Como aliciente extra convidarán, nos seus espectáculos en directo, a artistas relacionados coa World Music, para darlle máis forza e presenza musical ao concerto.
TERRAE parte de que esa perda de contacto sensible coa natureza está a levarnos á destrución do Planeta. Por irso, unindo as músicas de raíz do mundo, queren ser os fíos condutores desa boa enerxía, axudando a crear un mundo máis humano e natural, sen fronteiras nin bandeiras. E todo iso demostrando un gran amor e respecto por quen nos mantén vivos a tod@s, a Nai Terra.