TanDuB

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

13, 14, 15 e 16 de outubro

TanDub

TanDuB

TanDuB é a fusión da música tradicional gnawa (norte de Marrocos, Tánxer) con outros xéneros como o reggae, o drum&bass e a electrónica, cun potente directo que reflicte como poucos esa amalgama de instrumentos de tempos tan afastados. Coa súa formación actual convértese nunha sólida proposta multicultural plurilingüe, capaz de reflectir como poucas a universalidade da música.

Así recollen ese folclore do sur do Mediterráneo, que leva séculos ditando o ritmo da vida cotiá, e mesturano cos ritmos máis modernos, dando como resultado unha posta en escena vibrante.

Empregando a mestura de instrumentos clásicos en bandas de fusión (guitarra, baixo, batería) coas novas tecnoloxías (electrónica), e co hajhouj (instrumento tradicional marroquí), conseguen un son que non deixa indiferente a ninguén; vibrante, intenso e sólido.

Os seus membros, integrantes de grupos como Lamatumbá, Coanhadeira, Tabú, Dar Gnawa ou Kondís, como non podía ser doutro xeito, son músicos de moi diversas procedencias (folk, rock, blues, electrónica) e con experiencia en moitos escenarios.