En 2020 presentaron o seu primeiro álbum Miña Almiña. O álbum recolle unha escolma do poemario Follas Novas de Rosalía de Castro con poemas que tratan temáticas vitais como o apoderamento da muller, o enxalzamento da terra, ou a emigración.
A pianista Katerina Linke púxolles música. A sinerxia xurde do sincretismo entre o piano de Katerina, a sensibilidade do violoncello de Susanna Blanco e a dozura da voz de Su Garrido Pombo.
A procura de máis poemas que foran na liña artística do grupo levounas a experimentar con obras de Celso Emilio Ferreiro ou Xohana Torres entre outros autores, lanzando ao mercado diversos temas en formato single nos últimos tempos.
A maiores, Son Trío o repertorio inclúe versións de temas tradicionais da música galega como Camariñas, a Rianxeira ou A saia da Carolina, traspasando a esencia da súa sonoridade coa mestura de matices neoclásicos e jazzísticos, ciscándolles un aire de modernidade.
Finalistas en varias edicións dos Premios Martín Códax da Música, nominadas á Mellor Canción Galega nos premios aRi[t]mar, gañadoras da 2a edición do Premio Celso Emilio Ferreiro e no festival Musicando a Rosalía.
Na actualidade están a gravar o seu segundo traballo discográfico que sairá ao mercado durante a primeira metade de 2023.