Miguel Alonso é un músico e escritor ferrolán, con varios discos publicados (A noite dos cans, 2010; Como dioses de alquiler, 2014; Literaria, 2019) e dous EPs (O día despois da noite dos cans, 2013; Manual de saudades, 2015).
O eclecticismo é predominante na súa música, alternando ritmos pop e rock con sons propios de cantautor, o country, o folk… A crítica social está moi presente nestas cancións. Recibiu varios premios á súa traxectoria, entre eles o Xuventude Crea (que gañou no 2010 e do que xa foi finalistas en dúas ocasións máis, acadando o 3º premio no 2014), o Lidera Ferrol (2013), a Axuda Injuve para Creadores Novos (2014) e o Certamen de Jóvenes Creadores de Salamanca (onde recibiu unha mención especial). Ademais recibiu tamén dúas Axudas a Creación de Músicas Populares da Fundación SGAE.
Co seu último traballo, Literaria, percorreu Galiza en formato solista. Tamén escribe prosa e poesía e gañou varios premios neste ámbito. En 2017 veu a luz a súa primeira novela, “O Caso Quintana” (Belagua Edicións), e en 2021 publicou a segunda, “O caso dos amantes de París” (Belagua Edicións).
Ademais da súa traxectoria solista, é membro de Minguante (canción de autor/pop) e de Música Miúda (música infantil e contacontos).
REDES SOCIAIS
- FACEBOOK – https://www.facebook.com/miguelalonsooficial
- INSTAGRAM – https://www.instagram.com/miguelalonso1984
- YOUTUBE – https://www.youtube.com/user/alonsocantautor
CONTACTO: miguel_alonso_fdez@hotmail.com
TELÉFONO: 658600957
WEB: http://www.miguelalonso.gal/