É licenciada en ciencias da comunicación pola Universidade Complutense de Madrid (2002), e conta con máis de 20 anos de experiencia profesional, tanto como xornalista en diferentes medios -radio, televisión, prensa tradicional e online- como en gabinetes de comunicación empresarial. e política. Especializouse en comunicación cultural e terceiro sector, formando parte de proxectos de proxección do Festival Northwest Estrella Galicia, o ciclo SON Estrella Galicia ou o Festival Nordestazo, entre outros.
Actualmente asume a dirección da Asociación Galega de Salas de Concertos Clubtura dende 2015, e colabora con diferentes proxectos culturais de danza, teatro -Artestudio-, artes plásticas -Festival FFoco- e musicais -Ciclo SON Estrella Galicia-. Colabora como articulista de opinión en diversos medios e como responsable da área cultural en Radio Intercoruña.
CONTACTO: xerencia@clubtura.org