Partindo dunha visión jazzística da interpretación, as composicións oscilan entre os arranxos obrigados e a liberdade para os solistas, incorporando linguaxes estilísticas diversas propias do folque, da enerxía do rock ou da improvisación libre.
O proxecto naceu coma un trío en 2019, pero evolucionou de forma natural ata converterse nun quinteto integrado na actualidade por Diego Alonso (saxos), Macarena Montesinos (cello), Jose Manuel Díaz (contrabaixo) e Héctor Agulla (batería), ademáis do propio Iago Marta (guitarra e efectos).
En Marzo de 2021 a banda achegouse ata os estudios Ancestral, en Pontecaldelas, para rexistrar os seis temas que compoñen o seu primeiro traballo, con Isaac Millán como técnico da gravación. O proceso quedou rexistrado nun making of feito pola realizadora audiovisual Sara Traba, quen tamén se encargou do deseño xeral do LP de vinilo no que vai quedar recollido o resultado. Para a portada do disco encargouse unha ilustración ó artista vigués Peri Helio. LÍMBICO
IAGO MARTA
Guitarrista e compositor nado en Vigo. Estudia en l’Aula de música moderna i jazz, Barcelona. Graduado superior en Jazz, especialidade guitarra eléctrica, polo conservatorio do Liceu de Barcelona. Master en Música como arte interdisciplinar pola Universidade de Barcelona e a ESMUC.
Estivo involucrado en multitude de proxectos de estilos diversos como guitarrista e /ou compositor : Catpeople, Noar, Yexza Lara ou Enric EZ, entre outros. Traballou como guitarrista de teatro musical, gravou varios discos con destacados músicos como Sebastián Merlín, Félix Rossy, Pablo Selnik ou Jordi Bonell. Ten xirado por toda a península tanto en festivais como en grandes salas e exerceu a docencia en numerosas escolas de música, entre as que destaca o Taller de Músics de Barcelona.
Adica parte do seu tempo á composición de bandas sonoras para curtametraxes, instalacións artísticas, teatro ou reportaxes (As vacas de Wisconsin, Elogio de la locura, Espais recobrats, Festival Concéntrica, Comando igualdade…), e o seu traballo foi visto en numerosos festivais do audiovisual de Europa e América.
Actualmente forma parte de Noar, do grupo Recitals a domicili, de Bafana bafana, da orquestra Metamovida e ademáis de colaboracións varias, lidera o proxecto Límbico. Continúa compoñendo música para o audiovisual e exerce a docencia en varias escolas de música.
MACARENA MONTESINOS
Violoncellista, improvisadora, performer e artista visual natural de Vigo. Comeza a súa carreira musical no conservatorio de Vigo. Máis adiante amplía os seus estudos na escola Estudio de Santiago de Compostela. Recibiu clases de Carlos García Amigo, Fred Frith, Vincent Courtois ou Asier Polo, entre outros. Graduada en Belas artes pola Universidade de Vigo, onde actualmente é doctoranda.
Integrante de diversas formacións e orquestas de música contemporánea e experimental, coma Fonogenia ou Suelen Estar Quartet, a Orquesta Galega de Liberación, a Orquesta OMEGa, o colectivo HALO e a Metamovida. Ten unha ducia de discos publicados en selos europeos e americáns.
Nas artes escénicas traballou no espazo sonoro de espectáculos de teatro e danza das coreógrafas Mercé de Rande, Mónica García, Anxela Blanco, Olga Cameselle ou Nuria Sotelo. Realizou diversas residencias artísticas na Tanzhaus, Zürich, a Casa Dimitri, Verscio, Suiza, ou en Azala Espazio de Creación en Álava. No ámbito da arte de acción, colaborou con María Roja, Berio Molina, Alba Blanco e Ana Matey, e desenvolveu accións en solitario (Una y 2 Sillas, e a conferencia performativa Memorias dunha Amnésica). Traballou na composición e interpretación de bandas sonoras en producións como 9 Fugas, Sea Beasts y Linko. Participou como intérprete no corto Cariño da man do compositor Xesús Díaz.
DIEGO ALONSO
O saxofonista e compositor Diego Alonso comezou os seus estudos musicais na Escola Municipal de Música de Vigo, nos Conservatorios Profesionais de Vigo e Santiago de Compostela e formouse en Jazz e Música Moderna na Escola Estudio de Compostela, no SPJ de Pontevedra e a Escola de Música e Artes do Espectáculo de Porto (ESMAE).Asistiu tamén a masterclasses con figuras como Chris Cheek, Seamus Blake, José Pedro Coelho, Logan Richardson, Maikel Vistel, Ben van Gelder, Jorge Rossy, Demian Cabaud ou Ernesto Aurignac, entre outros. Habitual da escea rock e jazzísitica en Galiza e Portugal, ven de colaborar e gravar con bandas de diversos estilos como Tanghana’s Show, Transilvanians, Moon Cresta, La Banda de Andrelo,The Soul Jacket, Brothers in Band e outras bandas de jazz como o Alfonso Calvo 7tet, a Orquestra de Jazz de Matosinhos (OJM), Orquestra de Jazz do Porto (OJP) ou o proxecto de André Fernandes «Centauri». Ten tocado xunto a artistas emerxentes e recoñecidos músicos da escena do jazz peninsular e internacional como Kurt Rosenwinkel, Wilfried Wilde, Alexandre Touceda, Iago Fernández, Xan Campos, Virxilio da Silva, Paco Charlín, Naíma Acuña, Alfonso Calvo, Alberto Vilas, Max Gómez, David Puime, João Lopes Pereira e João Mortágua, entre outros. Actualmente forma parte de Great Straits, Blackstereo, Bafana Bafana, Oie Trío, Eixo do Jazz Ensemble, Alfonso Calvo 7tet, Límbico e Orquestra Galega de Liberación. É membro fundador das asociacións musicais O Eixo do Jazz e O Tambor Colectivo.
JOSÉ MANUEL DÍAZ
Nado na cidade de Matanzas, Cuba, á idade de dez anos comeza os estudos de contrabaixo na Escuela Vocacional de Arte da mesma cidade. Despois de graduarse pasa á estudar na Escuela Nacional de Arte na Habana. Neste período comparte escenarios e grava discos con diferentes artistas coma Frank Delgado, Camerata Romeu ou Liuva María Hevia, entre outros. No ano 2001 ingresa no Instituto Nacional de Arte, Universidad de las Artes de Cuba. Nesta institución preséntase a un concurso para formar parte da Orquestra Sinfónica Juventudes Musicales de América, sendo seleccionado. Nesta etapa coma na anterior continúa conxugando o estudo co traballo profesional e forma parte de diferentes agrupaciones cubanas coma: Habana Casino (Salsa), Sexto Sentido (Pop-Jazz), Arnaldo y su Talismán (Música Caribeña), Son del nene (Son Cubano e Música Tradicional), Alejandro Vargas Quartet (Jazz Latino). Nestas agrupacións ten participado en diferentes festivais e xiras internacionais coma o Festival de Jazz de Ecuador, Carnaval de Cuba en Londres, Festival de Jazz de La Habana, Mercado Cultural Sao Paulo-Bahía, Festival de Jazz de Noruega, Festival de Músicas do Mundo, Casa da Música de Oporto, compartindo escenario con Chucho Valdés e Irakere. No ano 2009 trasládase a Galicia e ten colaborado dende entonces con diversos artistas e grupos coma Marful, Guadi Galego, Uxía Senlle, Ugía Pedreira, Xavier Díaz, Virxilio da Silva, Marcos Teira, Oscar Fernández, Linho do Cuco, Fred Martins, Pablo Seoane, Felipe Villar ou Coralie Yap-Chine. Actualmente prepara o primeiro disco da súa formación.
HÉCTOR AGULLA
Batería e compositor. Dende ben cativo mostra un gran interese e sensibilidade ó arte en xeral e á música en particular. Pero non é ata os 12 anos, que comeza a expresar as súas inquedanzas a través dun instrumento musical. Comeza a exploración a través da guitarra e, sobre todo, da batería, da man do seu irmán maior, Iván Agulla, daquela recoñecido baterista da escea musical viguesa. Nos seguintes anos, completa a súa formación compaxinando os estudios (gradúase en Maxisterio Musical e estuda Jazz e Música Moderna en Escola Estudio en Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra) cos seus proxectos musicais (Why Go, La Banda de Andrelo, The Bronxson Project…), e colaborando como sideman con numerosos artistas de diferentes estilos (Albert Sanz, Nuno Ferreira, André Fernandes, Paco Charlín, Abe Rábade, Jeffery Davis, Alejandra Burgos, Deuteronistas, Los Suizos…) Neste tempo, comeza tamén a exercer como profesor particular de batería, que, nos seguintes anos, levarano a ensinar batería e combo en Súbete ó Castro, Estudios Metrópolis, Vigosónico e Mundosonoro. Actualmente, dirixe o seu propio proxecto musical, Loiros, no que libera a súa faceta compositiva. Tamén forma parte de Límbico, Bafana Bafana, Fear of Missing Out e a Orquestra Metamovida, demostrando unha gran adaptabilidade e versatilidade estilística.
REDES SOCIAIS
- YOUTUBE: https://www.youtube.com/channel/UCt-ahCBGr3SKbg_kgvbzb6g
- SPOTIFY: https://open.spotify.com/album/4Mw40aBAGzhZpRoQxA0nFa?si=Vk80WhmHRUS3i6ubzogllw
- INSTAGRAM: https://www.instagram.com/_limbico/
- FACEBOOK: https://www.facebook.com/Límbico-104189384790931
CONTACTO: limbicogz@gmail.com