“A Historia da música cubana é un vasto, intrigante, dinámico, fascinante, suxestivo, excitante e a miúdo avasallador fresco. Dos seus nebulosos orixes ao recoñecemento universal do que goza hoxe en día, a música cubana creceu en estatura e os seus aspectos populares influenciaron progresivamente o modo de facer música noutras culturas.”
Havana Soul (Alma Habanera) está formada por músicos galegos e cubanos residentes en Galicia desde fai máis de vinte anos. Co proxecto pretenden rendir homenaxe a unha época e a unha maneira de entender e concebir a Música pero cunha perspectiva do noso tempo.
O espectáculo fusiona a Música Cubana co Jazz, o Soul e a Música Galega (como exemplo a versión do tema LELA).
Havana Soul está formado por: Wilson Ortega (trompeta), Dayamí Andux (voz), Sergio Delgado (piano), Fernando Couce (batería e percusión latina) e Jose Luis Cuba (baixo).