EntrElas

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

16,17,18 y 19 de outubro

EntreElas

O Grupo Vocal Entrelas é unha formación coral feminina, constituida no ano 2011 pola directora cubana, afincada en A Coruña, Ileana Delgado Fuentes, e forma parte dende o seus inicios, da Asociación Cultural Tres por Cuatro.

En estos dez anos de existencia pasan pola formación, cantantes coruñesas e dos arredores, sendo na actualidade, oito integrantes as que conforman o grupo vocal.

“Cantamos para que a xente disfrute co harmonioso tecido das nosas voces a capella recorrendo á diversidade de xéneros musicais e de ritmos do mundo propios do noso tempo”.

Esta música é para tódolos públicos, inda que non ten carácter infantil. Facemos un repertorio moi variado e adaptable as necesidades que poda ter cada acto cultural no que participamos, habitualmente, os concertos son dunha hora de duración.

Realizamos diversos concertos na cidade de A Coruña, nos Concellos dos arredores, en Galicia, e fora de ela, asistindo a dous concursos corais en Alicante e un no Avilés. A finais do 2018 fixemos dous concertos en Tenerife.

Participamos nunha homenaxe a Luisa Villalta no seu 15 Cabodano, no Centro de Estudos Ramón Piñeiro, e tamén en “Mulleres en Igualdade” en A Arnoia. Ademáis, colaboramos no Museo de Belas Artes da Coruña coa homenaxe a Mª del Pilar Couceiro “As mulleres na música galega”.

Nas actividades complementarias propias ou en colaboura coa asociación cultural Tres por Cuatro, destacamos o Sea Sons Festival, Rosario Orfebre Vocal, Talleres de canto con Ileana Delgado, y Hector Crespo (Tropicana Cuba), Percusión Corporal con Benito Buide, Danza con Hasser Keita e o curso Tamara Brooks, entre outros.

Tódolos nosos concertos : http://grupovocalentrelas.blogspot.com.es/