Cantometrics é unha banda formada por catro músicas galegas de ampla traxectoria musical en diferentes estilos que abranguen dende a música clásica e académica ata a tradicional, pasando polo pop, o folk ou a música electrónica. Marina Vigo (gaita), Luís Bolón (zanfona e percusións), Sandra Pérez (láminas e percusións) e Nébeda Piñeiro (voz), compaxinando a súa actividade artística en grupos como Sondeseu, Néboa ou Loita Amada, integran este proxecto que toma como base o arquivo sonoro de Alan Lomax.
O repertorio
O repertorio do grupo articúlase en torno a dúas ideas: a vixencia das músicas de raíz a partir da súa actualización, e a transversalidade do repertorio galego mostrando as súas conexións con músicas aparentemente afastadas tanto cultural como xeograficamente. Mostra desta mestura de músicas é o seu directo, onde conviven pescadores calabreses con canteiros galegos e arrieiros de Ribadavia con sevillanas de Huelva, facendo parada nos arrolos do Caribe.