As Lembranzas

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

16,17,18 y 19 de outubro

As Lembranzas son tres mulleres dunha mesma familia. Son voz, son terra, son tradición recibida dun matriarcado que sempre usou o canto e a música pra evadir a dureza da vida ou, simplemente, transmitila. Son forza, unidade e paixón.

No ano 2019 sacan o seu primeiro traballo “Gaëla” que as leva de xira por Alemaña, Bélxica, Holanda e Suiza.

Fan música fusión folk e tradicional galega.

Bolboreta é o seu novo sinxelo. Nel fusionan música electrónica cos ritmos tribales dos tambores de guerra xaponeses, os Taiko, pra enfatizar a batalla que se está a librar na canción. Neste novo traballo seguen a xogar coa polifonía, sen esquecer a presenza da nosa terra, coa intervención da pandeireta tradicional.

Bolboreta pretende visibilizar a presión dunha sociedade indoente e discriminante sobre toda persoa que sexa diferente na súa maneira de ser ou existir, e pretende resaltar o valor e a forza das mulleres na superación de todas as trabas ás que se enfrentan a diario. 

O videoclip fai fincapé na evolución persoal de cada ser, para acadar unha metamorfose resplandecente.

En 2023 resultan gañadoras do Interritmos Sons do Rural e, como parte do premio, lanzan o seu último videoclip, no que rescatan unha letra da rexión de Cerceda con “Muiñeira do Toxo”.

Na actualidade están coa Aceleradora Mans en colaboración coa Fundación Paideia no programa “Sonidos Emergentes”.

Merchi Tilve: Orixinaria de Meis. Voz, arreglista, letrista e compositora do grupo. Tamén acompaña coa percusión. É mestra de canto lírico, coral e piano.

Paula Paz: Orixinaria de Meis. A última incorporación. Voz, percusionista, letrista e compositora do grupo. É mestra de percusión tradicional.

Vanessa Tilve: Orixinaria de Meis. Voz, percusionista, compositora, letrista e arreglista do grupo. É mestra de canto lírico, coral e pianista.