Aitana Cuétara

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

13, 14, 15 e 16 de outubro

MUMI
MUMI

O MUMi – Músicas no Minho é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reune a artistas, promotoras, axencias de management, festivais, salas, discográficas e empresas de servizos para compartir ideas, crear sinerxias sólidas e establecer novas redes de contacto. Despois da edición 0 celebrada en marzo do 2020 en Verín, que se viu interrumpida polo inicio do confinamento, completamos en setembro de 2021 unha exitosa edición na Eurocidade Tui-Valença, que reuniu a máis de 120 profesionais dos dous países e contou con 20 concertos, charlas formativas, mesas redondas e sesións de reunións rápidas.

O MUMi está promovido pola asociación Músicas no Minho, conformada por varios profesionais da música de Galiza e Portugal.

CONTACTO: aitana@luneda.gal