Patricia Hermida
traballa desde 1995 na industria da música exercendo diferentes roles dentro da cadea de valor, pero xa na última década oriéntase principalmente ao seu papel de manager e produtora. Licenciada en Dereito Económico-empresarial pola Universidade de Vigo, master en Propiedade Intelectual pola Universidade Rey Juan Carlos e e técnica Superior en Producción Audiovisual e de espectáculos, traballou no desenvolvemento de carreiras de artistas do recoñecemento de Susana Seivane ou Heredeiros da Crus, entre outros e participa activamente no asesoramento a bandas e artistas, fundamentalmente a través da Fundación Paideia.
Desde o 2019 ata o 2022 foi co-presidenta do IMMF (International Music Managers Forum) e no 2016 foi unha das socias fundadoras MIM (Mujeres de la Industria Musical) que nace co obxectivo de velar polo cumplimento da igualdade efectiva de mulleres e homes no sector.
Actualmente, é a presidenta de AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais).