Valentín García Gómez

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

13, 14, 15 e 16 de outubro

ValentinGarcia_LuisPolo
Valentín García Gómez

Licenciado en Filoloxía Galega
Postgrao e Máster en Administración Local (USC)
Realizou estudos de Dereito (UNED)
Diplomado en música polo Conservatorio de Santiago de Compostela

Naceu na parroquia de Abades (Concello de Silleda), fillo de emigrantes, dende os 8 anos reside na Estrada coa súa familia composta pola súa dona Dolores Seco e os fillos dos dous Fátima e Rodrigo.
Dende moi novo tivo unha especial relación coa cultura e tradición galega máis tradicional, moi marcada pola súa proximidade xeográfica e intelectual a Xosé Neira Vilas e á Fundación que leva o seu nome. Todo isto lévao a cursar estudos universitarios de Filoloxía Hispánica (Subsección de Galego Portugués) en Santiago de Compostela.

Técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada, dirixiu os Departamentos de Cultura, Normalización Lingüística, Emigración e Xuventude deste Concello e realizou ademais actividades de dinamización socio – cultural.

Foi coordinador técnico da Rede de Dinamización Lingüística, que dirixido Secretario Xeral da Consellería de Cultura e Educación, colaborou no seu deseño e posta en marcha. Esta rede está a supoñer unha novidade importante no deseño e aplicación das políticas lingüísticas en Galicia e conta actualmente con 222 entidades adheridas (concellos, entidades supramunicipais, 3 deputacións e o Consello da Cultura Galega) e o seu modelo de funcionamento supón ademais a implantación dun novo modelo de xestión e colaboración entre entidades administrativas de igual ou distinta natureza.

  • Co-autor da proposta de creación dun Consorcio de Normalización Lingüística presentada pola CTNL en 1998.
  • Foi membro da comisión creada pola SXPL que redactou os estatutos para a creación dun Consorcio de Planificación Lingüística.
  • Foi presidente da Coordinadora de Traballadores/as de normalización da Lingua (CTNL)
  • Foi membro da Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (Consello da Cultura Galega),
  • Secretario da Fundación Xosé Neira Vilas
  • Secretario da Fundación Castelao.
  • Secretario da Fundación Cultural da Estrada,
  • Secretario do Premio de Novela M. García Barros.
  • Representante do Concello na Fundación Antón Losada Diéguez.
  • Membro do Comité de Seguimento do Premio Xornalístico M. Reimóndez Portela.

Colaborou na elaboración do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Ten publicados diversos artigos e estudos sobre sociolingüística e a necesidade de formular políticas lingüísticas adaptadas á realidade social de Galicia, tema que desenvolveu en numerosos congresos, simposios, conferencias, así como na elaboración de proxectos da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Tamén foi, no eido da formación para persoal das administracións públicas, profesor colaborador da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Ten feito dende hai anos un intenso labor de dinamización da cultura e lingua de Galicia dende o ámbito dos municipios, no que resaltou a planificación e execución de programas de amplo contido no fomento do idioma.

Foi comisario da exposición itinerante e actos realizados encol do 50 aniversario da publicación de Memorias dun Neno Labrego en 2011. Membro do Comité de Seguimento do Premio Xornalístico M Reimóndez Portela, da Asoc. Cultural O Brado e da organización dos Premios S. Martiño de Normalización Lingüística e Presidente do Recreo Cultural da Estrada e vicepresidente do Centro de Iniciativas Turísticas.

Na actualidade é Secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Universidade), dirixindo este departamento, que regula a política lingüística do galego dentro de Galicia e no exterior.
En representación deste cargo, ten impartido conferencias e relatorios en universidades españolas e do estranxeiro, dende as que leva a cabo un intenso traballo de proxección da lingua galega no mundo, promovendo o estudo da nosa lingua sobre todo en EEUU (Universidades de N. York, Milwaukee e Míchigan) e Asia (China) como importantes focos de irradiación de correntes de opinión e cultura.
Promoveu a creación do dominio galego para Internet .Gal, a creación do Portal Xurídico Galego (polo que a cidadanía ten acceso a toda a lexislación consolidada en galego), O Plan de Dinamización da Lingua Galega no Ámbito Socio – Económico (que impulsa o uso da lingua en comercio empresas e demais actividades económicas), O Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade e o proxecto Galicia Nomeada que impulsa a realidade da microtoponimia en Galicia.

Publicacións:

  • García Gómez, Valentín (2003): Informe – proposta sobre a coordinación de servizos lingüísticos. Santiago de Compostela: Fundación Enclave.
  • García Gómez, Valentín (2005): Un soldado da Historia. Santiago de Compostela: Edicións do Castro.
  • García Gómez, Valentín (2007): A Estrada Rural. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra.
  • García Gómez, Valentín (2009): Vista Alegre, 25 anos de historia. Fund. Cultural Bandeira.

 

Colaboracións en xornais:

  • Terras de Santiago
  • El Correo Gallego
  • Faro de Vigo
  • La Voz de Galicia
  • Galicia en el Mundo
  • España Exterior