Pan Sen Fron

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

13, 14, 15 e 16 de outubro

Pan Sen Fron

Pandeireteiras sen Fronteiros é un grupo de música tradicional da Galiza, feita con voz e percusións, principalmente pandeiretas.

Nace na Coruña no 2014 co obxectivo de estudar e coñecer a música tradicional galega a través da investigación e o traballo de campo, para así poder recuperar a tradición cultural da súa terra. A finais de 2016 consolidan a súa estrutura e actividade constituíndose como Asociación Cultural Pandeireteiras sen Fronteiros.

Deste xeito, pretenden poñer en valor e difundir este patrimonio inmaterial, así como situar a música galega no contexto das músicas de raíz.

Tamén se dedican a explorar as tradicións orais de todo o mundo a través da propia, procurando similitudes co folclore doutros pobos e lugares. Teñen un repertorio de temas recuperados da tradición oral galega, froito de anos de investigación de campo, ao que van incorporando pezas doutros países e culturas.

Un dos xeitos de levar a cabo os seus obxectivos é viaxar arredor do mundo para compartir a música, as súas cancións, os bailes tradicionais e a súa alegría.

Polo de agora, teñen viaxado a Romanía (2015), noroeste da India (2016),Campania, sur de Italia (2017), Fes, Marrocos (2017) e Bulgaria (2019).

Outra vía de intercambio musical e cultural é establecer colaboracións con grupos e asociacións doutros estilos musicais e doutros países. A día de hoxe teñen colaborado con Radio Cos, un dos máximos expoñentes da música galega de raíz na actualidade; Ponxa Intenso, banda de funk-rock tuareg; Noriko Ishizuka, pandeireteira do Xapón; e Brigan, banda do sur de Italia que fusiona música do noroeste ibérico coa da súa terra.

Este grupo ten un carácter e personalidade singulares, que fan de cada actuación un evento diferente.

Son innovadores, pero sempre fieis e respectuosos coas súas tradicións.

Premios

04-09-2016. Premio no Certame “Alborada” de Música Tradicional de Asociación de Desarrollo Local Deloa. Outes (A Coruña).

Para ver e escoitar

  • Video presentación Pan Sen Fron (Ardelloeixo) https://goo.gl/YtFHnR
  • Campaña na Campania. 16-02-2018 Luar (TVG).https://goo.gl/R8MHEb
  • Participación no programa de humor da TVG Ecce Perdomo, capítulo O ‘folkie’, 06-08-2019. http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/o-folkie-4165357
  • Panxola da Madama. 25-12-2017 Alalá especial Carboeiro (TVG). https://goo.gl/udnD2J
  • Punteada de Soutullo e pasodobre de Loutoño. 25-12-2017 Alalá especial Carboeiro (TVG). https://goo.gl/xRgLZd
  • Pateado de Ponte Grixoa. 25-12-2017 Alalá especial Carboeiro (TVG). https://goo.gl/8dh53j
  • Romaría de Santa Margarida da Coruña 26-8-2017. https://goo.gl/EJczNS
  • O Piñeiro. 7-7-2017 Luar (TVG). https://goo.gl/reLnRw
  • De ferias en Avión. 30-6-2017 Luar (TVG). https://goo.gl/Yn6UEy
  • Mazaricos. Radio Cos con Pandereteiras sen Fronteiros. 15-1-2017 Teatro Rosalía de Castro (A Coruña). https://youtu.be/3hbL6p6hyig
  • Gala de fin de ano con Radio Cos. 31-12-2016 Luar (TVG). https://goo.gl/FCj2AL (37:14–>41:23)
  • Maneo de Berdillo (NorikoIshizuka e Xurxo Fernándes) e Muiñeira da Imende (Pan Sen Fron). 15-07-2016 en Luar (TVG). https://goo.gl/KJsRxC
  • Pasodobre de Loutoño. Retransmisión desde Delhi. 21-03-2016 en Luar (TVG). https://goo.gl/dv3ET4
  • O Abellón. 30-11-2015 en Luar (TVG). https://goo.gl/p3L8be
  • Pasodobre de Loutoño. https://goo.gl/dq2JTh

Actuacións

27-12-2020 Pasarrúas de Nadal (A Coruña). 30-10-2020 Luar (TVG). Muiñeira da Gándara.

04-10-2020 Actuación en streaming. Respira Cultura, Concello da Coruña. 26-09-2020 Actuación en Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

22-08-2020 Concerto no marco da Rede Cultural da Deputación da Coruña en Fisterra (A Coruña).

12-12-2019 Concerto en A Repichoca (A Coruña). 01-11-2019 Luar (TVG). O Abellón.

31-10-2019 Actuación no Magosto 2019 na Praza do Balneario de Arteixo (A Coruña) 26-10-2019 Actuación na Ruada de Teixeiro (A Coruña),

26-10-2019 Actuación no IX Festival de Cantareiras Mestura. Meirás (Valdoviño, A Coruña),

19-10-2019 Actuación na V Muiñada de Vimianzo (A Coruña),

31-08-2019 Actuación na sesión vermú do Festival Agrocuir da Ulloa 2019, Monterroso (A Coruña).

12-08-2019 Actuación no Festival de Arraigo, Festas de María Pita (A Coruña). 10-08-2019 Pasarrúas pola zona vella de Viveiro, nas Festas de Viveiro (Viveiro).

06-08-2019 Participación no programa de humor da TVG Ecce Perdomo, capítulo O ‘folkie’ http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/o-folkie-4165357

10-07-2019 actuación na Praza das Atochas (A Coruña).

28-07-2019 Actuación na IV Feira Mariñeira Artesá en Corme (A Coruña). 13-07-2019 Actuación no Festifolk en Carballo (A Coruña).

28-06-2019 Actuación nas III Jornadas da Diversidade Ourense 2019 (Ourense). 27-06-2019 Actuación nos Seráns da Malatesta (Santiago de Compostela).

09-06-2019 Actuación no Encontro de Música Tradicional de Oza (A Coruña). 08-06-2019 Actuación na aldea de Orro, Culleredo (A Coruña).

18-05-2019 Actuación nas Fiestas de la Aldea El Calabacino (Huelva).

27-04-2019 Actuación na Esmorga de Melide (A Coruña). 13-04-2019 Actuación no Hostel Bastardo en Madrid.

06-04-2019 Actuación na II Foliada de Donaire (A Coruña).

30-03-2019 Concerto na II Polavila en Santalla de Oscos (Asturias). 09-03-2019 Concerto en O Buril. (Sarria).

01-03-2019 Concerto no festival Repica Coruña en Sala Garufa. (A Coruña). 25-01-2019 Concerto en A Repichoca. (A Coruña).

28-12-2018 Luar (TVG). Maneo de Silván.

15-12-2018 Cantos de Taberna polo barrio dos Mallos. Actuación dentro do programa xeral do IMCE – programación musical nos barrios. (A Coruña).

25-11-2018 Pan Sen Fron canta para a igualdade no Cinema Palleiriso. (Garabelos, Chantada).

03-11-2018 Actuaciónna XI Foliada de Sada. (Sada, A Coruña).

27-10-2018 Actuaciónna XI Ruada de Teixeiro. (Teixeiro, A Coruña).

08-09-2018 Actuación na romaría do Monte de San Pedro 2018. (A Coruña). 07-09-2018 Festas da Rúa de Baixo 2018. (Santiago de Compostela).

14-08-2018 Actuación na Praza da Tolerancia dentro do programa de Arraigo – Festas de María Pita. (A Coruña).

11-08-2018 Actuación na Praza de Pablo Iglesias dentro do programa de Arraigo – Festas de María Pita. (A Coruña).

04-08-2018 Actuación no FestOrro. (Orro, Culleredo). 28-07-2018 Actuación no Festórreo. (Lira, Carnota).

12-05-2018 IV Foliada de Cervo e XII Festa de degustación da carne de porco. (Cervo).

16-02-2018 Luar (TVG). Campaña na Campania. Muiñeira da Maronna (SessaAurunca, Campania (IT)-Galicia).

09-02-2018 Sala Garufa (A Coruña). Colaboración coa banda italiana Brigan.

25-12-2017 Alalá especial Carboeiro (TVG). Panxola da Madama, punteada de Soutullo, pasodobre de Loutoño e pateado de Ponte Grixoa.

23-12-2017 Feira do Galo. (Arteixo).

18-11-2017 Actuación na XVI festa de outono en Couso (A Estrada).

9-11-2017 Actuación na presentación do libro disco “Yo nunca perseguí la gloria” de Eliseo Parra. A Repichoca (A Coruña).

14-10-2018 Aquí Galicia (TVG). Actuación no programa emitido desde a XVIII Feira Histórica Arteixo 1900 (Arteixo).

26-08-2017 Sesión vermú da Romaría de Santa Margarida (Concello da Coruña). 11-07-2017 Festival Sol Celta (Avilés).

07-07-2017 Luar (TVG). O Piñeiro, peza tradicional de El Alosno (Huelva). 01-07-2017 Serán Son de Aquí (A Coruña).

30-06-2017 Luar (TVG). De ferias en Avión. Cantar, jota e pasodoble de Liñares (Avión, Ourense).

25-06-2017 Romaría da XXIV Semana Cultural Abiñadoira. Colaboración coa Asociación Cultural Abiñadoira, de Sanxenxo, na organización da romaría de peche de curso. (Sanxenxo).

24-06-2017 Amenización na rúa San Xoán (A Coruña).

24-06-2017 Gala final. Ruada das Xoubas (Concello da Coruña).

16-04-2017 Grabación en estudio dunha peza conxunta con Brigan (Napoli) e FicuFresche (SessaAurunca) en Sant’Arpino (Campania, Italia).

09-04-2017 Festibáll’Irpiniabballa Galicia (Ospedalettod’Alpinolo, Italia)

08-04-2017 FestibálNapoliballa al centro, a sud. (Napoli, Italia).

08-03-2017 Actos conmemorativos do Día Internacional da Muller (Concello da Coruña). 15-01-2017 Teatro Rosalía de Castro (A Coruña). Colaboración con Radio Cos.

31-12-2016 Luar (TVG). Gala de fin de ano con Radio Cos. 29-12-2016 Concerto no bar O Toll (A Coruña).

29-10-2016 Romaría da Pastoriza 2016 (A Pastoriza, Arteixo). 27-08-2016 IV Foliada de Santaia (Santa Cruz, Oleiros).

12-08-2016 Festival Lágrimas de San Lorenzo (Pumarín, Balboa – León).

15-07-2016 Luar (TVG). Maneo de Berdillo (NorikoIshizuka e Xurxo Fernándes) e Muiñeira da Imende (Pan Sen Fron).

09-07-2016 Serán d’Aquí (Praza dos avós, A Coruña).

26-06-2016 Romaríada XXIII Semana Cultural Abiñadoira. Colaboración coa Asociación Cultural Abiñadoira, de Sanxenxo, na organización da romaría de peche de curso. (Sanxenxo).

29-04-2016 Ponxa Intenso & Pan Sen Fron na Sala Garufa (A Coruña).

21-03-2016 Luar (TVG). Pasodoble de Loutoño. Retransmisión desde Delhi. 26-12-2015 Foliada Ardelloeixo no Campo da Leña (A Coruña).

11-12-2016 Radio Cos & Pan Sen Fron no Teatro Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras). 30-11-2015 Luar (TVG). O Abellón.

20-11-2015 V aniversario do Proxecto Cárcere.

24-10-2015 Concerto en favor do Banco de Alimentos Rias Altas na Coruña. 24-10-2015 V Ruada de Teixeiro (Teixeiro, A Coruña).

30-08-2015 Pasarrúas nas festas de Novo Mesoiro (A Coruña). 29-08-2015 III Foliada de Santaia (Santa Cruz, Oleiros).

15-08-2015 Festórreo de Lira (Carnota – A Coruña).

28-06-2015 Romaría da XXIISemana Cultural Abiñadoira. Colaboración coa Asociación Cultural Abiñadoira, de Sanxenxo, na organización da romaría de peche de curso. (Sanxenxo).

21-03-2015 X Foliada de Cerqueda (Malpica).

Obradoiros e cursos realizados

23-09-2018 Obradoiro de Cantos de Voda Sefardís. (A Coruña).

08-09-2018 Obradoiro de muiñeira na romaría do Monte de San Pedro 2018. (A Coruña). 02-09-2018 Obradoiro de Cantos de Voda Sefardís. (A Coruña).
27-05-2018 Obradoiro de expresión corporal dirixida a actuacións. (A Coruña).

09-04-2017 Obradoiro de introducción á pandeireta e canto. (Ospedaletto d’Alpinolo,
Italia).

09-04-2017 Obradoiro de introducción ao baile solto en Galicia. (Ospedaletto d’Alpinolo,
Italia).

08-04-2017 Obradoiro de introducción á pandeireta e canto. (Napoli, Italia).

08-04-2017 Obradoiro de introducción ao baile solto en Galicia. (Napoli, Italia). 26/02/2017 Obradoiro de pandeiro. (A Coruña).

REDES SOCIAIS

CONTACTO: pansenfron@gmail.com