Moito!

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

13, 14, 15 e 16 de outubro

MOITO!

Despois de anos tocando en diferentes bandas de covers, Felipe Castro (guitarra, sintetizador e voz principal), Diego González (guitarra), Juan Ciego (baixo e coros) e Diego Guillín (batería) deciden probar sorte cun proxecto propio e en 2018 forma Moito!

Cunha idea clara do son que buscaban, os catro galegos (A Pobra do Caramiñal) puxéronse en contacto con Luis Antelo (Estereoarte Estudios. Vigo) para gravar o seu EP debut INGRAVIDEZ.

Despois de meses percorrendo recintos por toda España, culminan o seu primeiro ano tocando en festivais como Al Tran Tran (Castejón) ou o macroevento O Son do Camiño (Santiago de Compostela).

Sen perder o tempo en 2019 gravan o seu segundo Ep INVERSE INGENIERÍA nos estudos de Paco Loco en El Puerto de Santa María e rematan só uns meses despois coa gravación do seu ANEXO (tamén producido por Paco).

Despois dun pequeno percorrido polos cines, estala a pandemia e todo se paraliza… pero este ano volveron con máis forza e por fin estrearán o que será o seu primeiro largometraxe!

Para este disco debut contaron coa produción de Carlos Hernández Nombela (Los Planetas, TAB, Carolina Durante, etc).