MIP Robert Poer

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

13, 14, 15 e 16 de outubro

MIP Robert Pier

O proxecto MIP, Músicas inclusivas e participativas parte da creación artística de Robert Pier e as súas mantras ambientais, cancións concisas e repetitivas creadas para facilitar a súa aprendizaxe. Como o seu título indica achegamos a arte e a música a colectivos de diversidade funcional, aprendemos con eles as cancións, os ritmos e facemos unha presentación pública MIP, en colaboración coa Banda Municipal de Música de A Coruña, facendo un espectáculo artístico de calidade para o goce dos participantes e de todos os públicos.

Utilizaremos neste proxecto a lingua española (subtítulos nos vídeos) nos oito mantras e no himno diversos funcionais, con todos os participantes, resaltando a concienciación ambiental cos textos das cancións, Auga, Aire, Terra e Lume, Primavera, Verán, Outono e Inverno.

O proxecto desde o ámbito da cultura, está baseado en temáticas de cohesión e integración social, a diversidade e a convivencia intercultural, a sensibilización ambiental, e igualdade, a integración de persoas con diversidade funcional, a educación en valores, un proxecto cultural e artístico, para o progreso social.

A metodoloxía do traballo e o sistema MIP, creado polo musicoterapeuta coruñés, Robert Pier, baseado na súa formación e a experiencia persoal e profesional con diferentes colectivos de diversidade funcional, os mantras ambientais, e a psicomotricidade e instrumentos de percusión menor.