María Nieto Díaz

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

Day(s)

:

Hour(s)

:

Minute(s)

:

Second(s)

María Nieto Díaz

María Nieto Díaz é licenciada en ciencias da comunicación pola Universidade Complutense de Madrid (2002), e conta con máis de 20 anos de experiencia profesional, tanto como xornalista en diferentes medios -radio, televisión, prensa tradicional e online- como en gabinete de comunicación empresarial e política. Especializouse en comunicación cultural e do terceiro sector, formando parte de proxectos da proxección do Festival Noroeste Estrella Galicia, o ciclo SON Estrella Galicia ou Festival Nordestazo, entre outros.

Actualmente asume a xerencia da Asociación Galega de Salas de Concertos Clubtura dende o ano 2015, e colabora con diferentes proxectos culturais de danza, teatro -Artestudio-, artes visuais -Festival FFoco- e musicais -Ciclo SON Estrella Galicia-. Colabora como columnista de opinión en diversos medios e como responsable da área de cultura de Radio Intercoruña.

CONTACTO: xerencia@clubtura.org