José Francisco Saavedra López-Sancho
musicarte.gal
tresporcuatro.gal
Fundada na Coruña o 20 de xaneiro de 2010 por José Fco.Saavedra López-Sancho, é unha empresa aberta cuxas características consisten na orixe profesional dos seus membros e na súa traxectoria musical. Pola súa antigüidade e experiencia crearon así unha empresa de carácter novo, innovador, dinámico, con recursos locais para acadar un produto de calidade, unha música interesante e unha nova forma de facelo, proxectos modernos con música de todos os tempos.
Aproveitar aniversarios de creadores non só da música senón tamén do mundo da arte, a gastronomía, a escultura…, realizar performances onde se fusionen diferentes aspectos da creación.
Empresa onde conflúen intereses e esforzos, aproveitando influencias e colaboracións, así como intercambios con outras empresas e ideas.
Musicarte non é unha empresa baseada en meras transaccións económicas entre empresarios e traballadores.
creación e difusión musical; realización e/ou organización de espectáculos desde pequeno formato con 4 persoas ou menos ata gran formato entre músicos, instrumentistas, coristas e cantantes.
Docencia e formación musical, cursos, seminarios e conferencias.
Recuperación de patrimonio musical como “A Espadela” de Mauricio Farto, libreto de Leandro Carré Alvarellos ou o Arquivo Musical da Colexiata de Santa María do Campo da Coruña (Colaboración da Deputación Provincial da Coruña).
Coa inestimable colaboración da súa directora artística e doutros colaboradores como Ileana Delgado, conforman o equipo humano que Musicarte ten para traballar polos seus obxectivos.
A política de Musicarte como empresa fórmase a partir do coñecemento e experiencia da música e da confianza nas nosas capacidades para levar a cabo proxectos e presentalos ao público.
Cremos que o público responderá convertendo o noso traballo e este interesante produto nun resultado exitoso e económico. Os colaboradores implicaranse así nunha sinerxía que suporá a continuidade dos proxectos onde sempre poderán volver participar.