Fernando Pujalte (CINECLETA)

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

13, 14, 15 e 16 de outubro

Cine ambulante

A “Cinecleta” é un proxecto de recuperación e exhibición de películas de cinema doméstico en formato 8mm, Super8 e 16mm, filmadas por afeccionados e cineastas amateurs galegos no século pasado.

A particularidade é que as películas son proxectadas desde unha antiga bicicleta de repartición de leite, reconvertida agora nun “Cinema Ambulante”.

A “Cinecleta” pedalea polo país adiante na procura dun materialinédito que atopa en domicilios particulares, rastros, anticuariose tendas de segunda man.

As proxeccións alternan narración descriptiva en vivo das imaxes e banda sonora, e son proxectadas no seu formato orixinal en proxectores de cinema da época. As películas son toleradas para todos os públicos.

A bicicleta dispón de equipos de amplificación autónoma e pantalla para poder desenvolver a actividade con todas as garantías minimas.

Polo seu carácter itinerante estas actividades están pensadas para levarse a cabo tanto ao aire libre como en espazos públicos interiores (centros cívicos, auditorios, museos, etc.)