DALEK DUO

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

13, 14, 15 e 16 de outubro

dalek duo 2

OS ARTISTAS E A SÚA MÚSICA

David Duque e Luis Alejandro García, ambos naturais de Tenerife, son dous dos mozos músicos de Canarias con maior proxección internacional. Formados nos Conservatorios Profesional e Superior das illas de Guitarra e unidos por unha fonda amizade, seguiron camiños paralelos, aínda que distintos.

Pola súa banda, David Duque é actualmente profesor de timple na EMMD “Villa de la Orotava”, e dedica o seu traballo ao instrumento canario a través da transcrición, adaptación e composición de obras, entre elas o timple en formatos de música de cámara. Sostivo unha intensa actividade concertística a nivel nacional e internacional, ademais de contar cunha ampla experiencia no ámbito da dirección coral e instrumental.