Carlos Lorenzo

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

13, 14, 15 e 16 de outubro

Carlos Lorenzo

CARLOS LORENZO PÉREZ (Caracas, 1968)

Técnico de Cultura do Concello de Carral desde 1995 e actual Presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

Técnico superior en Produción de Espectáculos e Audiovisuais e posgraos en Animación Sociocultural  e en Planificación e Desenvolvemento Local.

No ámbito privado da cultura foi socio fundador e director de proxectos de Inicia Consultoría e Xestión entre os anos 2005 e 2013.

Desenvolve profesionalmente unha faceta creativa como fotógrafo con 5 libros publicados e exposicións que teñen visitado unha vintena de salas por toda Galicia, e como produtor e director audiovisual, sendo o seu último proxecto o documental Vértice de versos e rodando actualmente Cardoña fotos a 7 pesetas.