Edición 2022

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

13, 14, 15 e 16 de outubro

2022

Última edición

A última entrega, SiSons 2022, tivo lugar en Santiago de Compostela nos días 13, 14, 15 e 16 de Outubro. O propósito inicial de reunir a profesionais do sector cultural e musical e a artistas para impulsar o dialogo e desenvolver sinerxias entre os participantes para o impulso da música galega acadouse grazas á participación de máis de 70 profesionais do sector e diversos artistas e bandas, dos cales 13 amenizaron o día 15 coas suas actuación.

Grazas á organización de Musicarte e a Asociación Cultural Tres por Cuatro e á colaboración do Concello de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e outros patrocinadores; puido ter lugar este evento localizado no Museo do pobo Galego, onde se fixo o acto de presentación; o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporáneo); o CSC de Conxo, e o Pazo de San Roque e o auditorio do colexio La Salle, para a xornada musical do venres .

Entre o conxunto de actuacións sumáronse unha grande diversidade de xeneros como o pop rock, o folk, o dub, a música latina, o reggae, o swing ou o soul; voces de gran importancia no panorama galego como Madalena Gamalho e artistas de talla internacional como Nani Noam Vazana.

Ademáis nas ponencias tivemos a sorte de escoitar voces clave no panorama musical de Galicia como a de Xoán Quintáns, promotor musical galego e socio organizador do festival, ou a da presidenta de AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais), Patricia Hermida; ademáis de voces do fora de este, como a de Carmen Zapata, directora artística de Curtcircuit, e Jorge Jesús Gómez Barranco, músico cubano e director do Grupo Moncada.

Podes escoitar a todos os artistas na seguinte lista de reproducción de Youtube:

Edicións anteriores

En 2021 celebramos a a quinta edición do Sea Sons transformandose na primeira edición Sisons Enclave Musical.

En 2019 celebramos a cuarta edición do Sea Sons festival. Nesta edición contamos cunha feira de profesionais do sector. Para eso tivemos o privilexio de ter un espazo acolledor como é a Domus, nunha sala adaptada como é o seu auditorio,con conexión directa ao mar no que disfrutamos dunhas maravillosas vistas durante os networkings.

En 2018 celebramos a terceira edición do Sea Son Festival introducindo unha nova idea. Unha Feira de Profesionais do Sector Musical, un espazo creado para coñecer as diferentes propostas musicais de Galicia. Un encontro aberto e claro entre profesionais do sector e programadores dos diferentes concellos. A idea xorde da necesidade de crear unha rede de apoio no terceiro sector, buscar solucións. Establecer unha verdadeira rede de contactos para dar saída a unha gran parte de propostas musicais, apoiar sen dúbida o talento local.