Son Trio

Contacta

634 388 952

info@sisons.gal
inscricions@sisons.gal

16,17,18 y 19 de outubro

O eixo central da proposta de Son Trío é a musicalización de poesía galega, polo que a totalidade do seu repertorio desenvólvese en galego. A heteroxeneidade deste grupo que transita entre o clásico, o folk, o jazz ou a bossa nova, fai que o seu público obxectivo abrangue amplos segmentos de audiencia.

En 2020 presentaron o seu primeiro álbum Miña Almiña. O álbum recolle unha escolma do poemario Follas Novas de Rosalía de Castro con poemas que tratan temáticas vitais como o apoderamento da muller, o enxalzamento da terra, ou a emigración.

A pianista Katerina Linke púxolles música. A sinerxia xurde do sincretismo entre o piano de Katerina, a sensibilidade do violoncello de Susanna Blanco e a dozura da voz de Su Garrido Pombo.

A procura de máis poemas que foran na liña artística do grupo levounas a experimentar con obras de Celso Emilio Ferreiro ou Xohana Torres entre outros autores, lanzando ao mercado diversos temas en formato single nos últimos tempos.

A maiores, Son Trío o repertorio inclúe versións de temas tradicionais da música galega como Camariñas, a Rianxeira ou A saia da Carolina, traspasando a esencia da súa sonoridade coa mestura de matices neoclásicos e jazzísticos, ciscándolles un aire de modernidade.

Finalistas en varias edicións dos Premios Martín Códax da Música, nominadas á Mellor Canción Galega nos premios aRi[t]mar, gañadoras da 2a edición do Premio Celso Emilio Ferreiro e no festival Musicando a Rosalía.

Na actualidade están a gravar o seu segundo traballo discográfico que sairá ao mercado durante a primeira metade de 2023.